Aviso legal, política de cookies e privacidade

Aviso legal

Información xeral

O enderezo URL [páxina web www.nexso.es] (en diante, o sitio web) ten domicilio social en Paseo de Ronda, 26, 1º, 15011 A Coruña.

Esta páxina ten carácter informativo e de exclusivo uso persoal. O seu obxectivo é facilitarlle ao público en xeral o coñecemento dos produtos e os servizos ofrecidos. O acceso ao sitio web é, en principio, gratuíto, sen prexuízo de que a contratación de produtos ou servizos a través do sitio web estea suxeita a unha contraprestación económica.

A persoa usuaria comprométese a non utilizar o sitio web nin a información ofrecida nel para a realización de actividades contrarias á lei, a moral ou a orde pública, e a respectar as condicións de uso establecidas pola empresa.

Propiedade intelectual e industrial

A empresa é titular dos dereitos de propiedade intelectual sobre o contido deste sitio web, incluíndo, a modo enunciativo e sen carácter limitativo, deseño gráfico, códigos, fontes, textos, imaxes, vídeos, marcas, logos ou signos distintivos, ou dispón dos permisos necesarios para a súa utilización.

Prohíbese a modificación, copia, reprodución, descarga, transmisión, distribución ou transformación dos contidos do sitio web se non se ten a autorización do titular dos correspondentes dereitos ou se non se encontra legalmente permitido.

A lesión por parte de terceiros dos dereitos de propiedade intelectual ou calquera outro dereito sobre o contido deste sitio web, titularidade da empresa, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

Contido web e ligazóns

A información contida neste sitio web pode non ser correcta; por iso a empresa non se responsabiliza de calquera dano ou perda directa ou indirecta que poida ocasionar a exactitude, integridade ou veracidade da devandita información, así como tampouco do uso por terceiros do contido deste sitio web, nin dos posibles erros no acceso a esta. Ao mesmo tempo, a empresa resérvase o dereito a suspender temporalmente a accesibilidade ao sitio web cando sexa necesario, sen necesidade de previo aviso.

Este sitio web contén ligazóns a páxinas externas, aínda que a empresa non é responsable dos contidos das mencionadas páxinas (é responsabilidade do usuario rexerse polos termos e condicións de utilización das páxinas consultadas) nin do mal uso nin as actividades contrarias á lei, a moral ou a orde pública que realicen os usuarios nas citadas páxinas.

Ao mesmo tempo, o establecemento de calquera hiperligazón desde unha páxina web deberá efectuarse á páxina principal do sitio web. Queda prohibida a reprodución total ou parcial de ningún dos servizos contidos no sitio web da empresa.

Modificación dos termos e condicións de uso

As presentes condicións xerais e as particulares que eventualmente poidan establecerse, e coa redacción que presenten en cada momento, teñen unha duración indefinida, e permanecerán en vigor mentres o portal continúe activo. A empresa resérvase en todo caso o dereito unilateral de modificar as condicións de acceso a estas, así como o seu contido.

Lexislación e xurisdición aplicables

As presentes condicións de uso réxense pola lei española e as partes acordan someterse á xurisdición dos xulgados e e tribunais da Coruña en caso de disputa ou controversia relacionada coa aplicación ou interpretación desta.

Política de cookies

www.nexso.es a día de hoxe utiliza cookies coa finalidade de prestarlle unha mellor experiencia na súa navegación. Así mesmo, en caso de que preste o seu consentimento, empregaremos cookies que nos permitan obter máis información acerca das súas preferencias e personalizar o noso sitio web de conformidade cos seus intereses individuais, para que teña unha navegación máis fluída e personalizada.

Desde Nexso queremos informalo de maneira clara e precisa sobre as cookies que utilizamos no noso sitio web. En caso de que queira obter máis información sobre o uso e a finalidade que facemos das cookies implementadas no noso sitio web, pode escribir un correo electrónico a info@nexso.es

Que é unha cookie?

Unha cookie é un pequeno arquivo que se descarga no ordenador, tablet ou smartphone do usuario, coa finalidade de almacenar datos e información que poderán ser actualizados e recuperados pola entidade responsable da súa instalación.

A información recompilada a través das cookies pode incluír a data e a hora de visitas ao sitio web, as distintas pestanas que vostede visualizou ou o tempo que permaneceu neste.

Que tipos de cookies utiliza este sitio web?

– Cookies propias

Esta tipoloxía de cookies envíase ao seu ordenador e xestiónase exclusivamente por nós para o mellor funcionamento do sitio web. A información recompilada emprégase para mellorar a calidade do noso servizo e a súa experiencia como usuario.

A continuación, detállanse todas as cookies propias utilizadas por este sitio web, así como as súas características e finalidades:

Cookie Máis información

– Cookies de terceiros

Son as que se envían ao seu equipo desde un equipo ou dominio que non está xestionado por nós, senón por outra entidade colaboradora. Son as cookies analíticas utilizadas por Google ou polas redes sociais para ofrecerlle ao usuario a posibilidade de compartir ou recomendar contidos da nosa páxina web.

A continuación, detállanse todas as cookies de terceiros utilizadas por este sitio web, así como as súas características e finalidades:

-Non utiliza.

Como podo configurar ou deshabilitar as cookies que utiliza este sitio web?

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu equipo. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación coa instalación de cookies:

– Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/is-IS/windows7/How-to-manage-cookies-in-Internet-Explorer-9

– Firefoxhttp://support.mozilla.org/en-US/kb/Cookies

– Chrome: http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=en&answer=95647

– Safari: http://support.apple.com/kb/PH5042 (y para iOS – http://support.apple.com/kb/HT1677)

Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades desta, así como algúns contidos poden verse afectados.

Cambios na política de cookies

É posible que actualicemos a política de cookies do noso sitio web. Por este motivo, recomendámoslle revisar esta política cada vez que acceda ao noso sitio web co obxectivo de estar adecuadamente informado sobre como e para que usamos as cookies.

A política de cookies de Nexso actualizouse por última vez o 9 de xullo de 2015.

Política de privacidade

Finalidade, destinatarios e exercicio de dereitos

Os datos persoais facilitados a través deste sitio web serán recollidos en ficheiros de titularidade da empresa coa finalidade de xestionar, administrar e prestarlle os servizos ou facilitarlle os contidos que nos solicite, así como poder ofrecerlle novos servizos e contidos e enviarlle información comercial relacionada coas novidades e promocións da empresa. Os datos obrigatorios de cada formulario serán identificados como tal, provocando a falta de subministración da devandita información ou a subministración de datos incorrectos, que a empresa poida prestarlle os servizos ou contidos que solicite.

O usuario consinte o tratamento dos seus datos coas finalidades descritas. Así mesmo, informámolo de que poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante correo electrónico ao enderezo info@nexso.es, identificándose como usuario do sitio web e concretando a súa solicitude, ou ben mediante correo ordinario ao enderezo anteriormente indicado (domicilio social), achegando fotocopia do DNI ou documento equivalente.

Cookies e arquivos de seguimento

Unha cookie é un pequeno arquivo que se descarga no ordenador, tablet ou smartphone do usuario, coa finalidade de descargar datos e información que poderán ser actualizados e recuperados pola entidade responsable da súa instalación.

Se desexa obter máis información, pode ler a nosa política de cookies na parte superior desta páxina.

Responsabilidades e compromisos do usuario

O usuario garante que é maior de 14 anos e que a información facilitada é exacta e veraz, comprometéndose a informar a empresa de calquera modificación da información que se lle solicitase mediante correo electrónico ao enderezo [info@nexso.es], identificándose como usuario do sitio web e concretando os datos que fosen modificados.

O usuario deberá manter en segredo as claves e os códigos de identificación e informar a empresa en caso de perda, subtracción ou acceso non autorizado, coa maior brevidade posible, xa que a empresa non se responsabilizará do uso indebido por terceiros non autorizados.

No suposto de que na execución dos servizos lle sexan facilitados á empresa datos de carácter persoal de terceiros, o usuario garante que está facultado lexitimamente para facilitar os mencionados datos e que procedeu a informar o interesado da cesión dos seus datos e a solicitar o seu consentimento. Así mesmo, responsabilizarase do incumprimento destas obrigas.