Unidos polo teu futuro

NEXSO Audit Group constituíuse no ano 2015 por profesionais da auditoría, con máis de 25 anos de experiencia.

 

Somos a suma das catro firmas de auditoría máis importantes de Galicia.

 

NEXSO é o resultado dunha colaboración moi estreita, de políticas de calidade esixentes, dunha filosofía de formación continua e da cualificación e experiencia de todos os nosos equipos profesionais.

 

Grazas a esta traxectoria laboral, situámonos como a 29ª firma de Auditoría de España cunha facturación de 5M euros en 2018 segundo o Ránking de Expansión de facturación das firmas de servicios profesionais en España (Prema aquí para ler).

 

NEXSO conta con oficinas na Coruña, Ourense e Vigo e mantén colaboracións directas con profesionais a nivel nacional e internacional.

Os principios éticos de competencia profesional, (dilixencia, obxectividade e integridade) son o NEXSO dos profesionais que compoñemos esta firma de auditoría.

Somos conscientes de que a calidade, a formación e a innovación continuada son fundamentais para outorgarlles transparencia e valor engadido aos negocios e ás empresas.

MISIÓN

A nosa misión é prestarlles aos nosos clientes, tanto do sector privado como da Administración pública, un servizo no que a obxectividade e a transparencia sexan obrigados, cun comportamento acorde cos requirimentos de ética e independencia, tendo presente en todo momento que a calidade é a base do noso presente e futuro como auditores.

VISIÓN

A nosa visión é converternos nunha firma de referencia en Galicia e España, que poida competir coas grandes e medianas firmas en base ao cumprimento de altos estándares de calidade, ética e independencia.