Unidos polo teu futuro

Os principios éticos de competencia profesional (dilixencia, obxectividade e integridade) son o N E X S O dos profesionais que compoñemos esta firma de auditoría.

Somos conscientes de que a calidade, a formación e a innovación continuada son fundamentais para outorgarlles transparencia e valor engadido aos negocios e ás empresas.

NEXSO Audit & Forensic, S.L. constituíuse no ano 2015 por profesionais da auditoría, con máis de 25 anos de experiencia, que nestes momentos están integrados en sociedades de auditoría consideradas das máis importantes de Galicia (incluídas as firmas multinacionais).

O resultado dunha colaboración moi estreita, as políticas de calidade e de formación continuada, a cualificación e a experiencia dos profesionais foron as premisas fundamentais para a creación dunha firma de auditoría.

NEXSO conta con oficinas na Coruña, Ourense e Vigo e mantén colaboracións directas con profesionais a nivel nacional e internacional.

MISIÓN

A nosa misión é prestarlles aos nosos clientes, tanto do sector privado como da Administración pública, un servizo no que a obxectividade e a transparencia sexan obrigados, cun comportamento acorde cos requirimentos de ética e independencia, tendo presente en todo momento que a calidade é a base do noso presente e futuro como auditores.

VISIÓN

A nosa visión é converternos nunha firma de referencia en Galicia e España, que poida competir coas grandes e medianas firmas en base ao cumprimento de altos estándares de calidade, ética e independencia.